Monday 29 de April de 2024

O alcalde e a concelleira de Educación celebran o Día da Árbore cos nenos e nenas dos colexios Campomaior e O Mesón do Vento


 

Co gallo do Día da Árbore, e tamén Día Internacional dos Bosques, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García, alcalde e concelleira de Educación respectivamente, compartiron a xornada de hoxe con máis de 100 alumnos e alumnas dos colexios Campomaior e O Mesón do Vento. En ambos os centros axudaron a plantar unha cerdeira no patio para concienciar da importancia que supón o coidado do medio ambiente e, en concreto, das árbores.